En que aventura andaremos???
Pronto teredes máis noticias.
Como xa sabedes, este ano dedícaselle o Día das Letras Galegas a Florencio Delgado Gurriarán. Recomendávosvos ler a información que aparece no enlace para axudarvos a responder as preguntas deste primeiro pasapalabra, que agardamos vos faga coñecer mellor a este persoeiro que tivo sempre a Galicia, á súa lingua, ás súas xentes e á súa comarca como eixes da súa vida e da súa obra.
Aquí vai a letra que faltaba. CHEGA O Ñ!!
Agardámosvos no segundo pasapalabra.
Tal e como vos dixemos, aquí tedes o segundo "pasapalabra" para amosar os vosos coñecementos sobre este autor.
ÁNIMO!
Toca responder á pregunta coa letra Ñ, preparados e preparadas!
Continuaremos lendo as súas obras, informándonos das actividades culturais que levou a cabo e valorando todo o traballo que fixo pola cultura galega en tempos difíciles. Agora que vivimos outros tempos, só nos queda continuar o seu camiño.
Que mellor que celebrar a entrada da primavera cunha lectura que nos achega cores e luz! Que nos fai abrir o corazón, ao igual que a primavera nos esperta todos os sentidos para sentir que a vida volve aparecer ante nós! Con esta ilusión comezamos a ler nós outras escrita por Marica Campo e ilustrada por Menchu Lamas.
Aquí vos deixamos coa primeira sesión de lectura.
Na seguinte reunión do club finalizamos a lectura dos poemas de nós outras.
Agora toca o máis importante, compartir a mensaxe dos poemas mentres compartimos por Radio llama a lectura destes con todxs xs compañeirxs. LEDE ESTA OBRA, porque vos fala e transporta a un MUNDO DE IGUALDADE E RESPECTO NO QUE TODOS E TODAS DESEXAMOS VIVIR!
Xs nosxs compañeiros de 1ºESOB e 1ºESOC achegaron a súa forma de vivir este xénero literario.
Como dixo Luis Pimentel: " A poesía é o grande milagre do mundo".
Hai uns días lembramos o necesario que é vivir en PAZ, quen nos ía dicir que pronto teriamos que volver recordar todo e deixar nos nosos textos, nas nosas palabras, nas nosas ilustracións estas mensaxes:
NON MÁIS GUERRAS!!!
QUEREMOS VIVIR EN PAZ!!!
O alumnado de 3ºPMAR reflectiu nas súas ilustracións o seu: NON Á GUERRA!
NÓS, o
alumnado de 2ºESOA do IES Muralla Romana, QUEIXÁMONOS dos conflitos bélicos que hai nestes momentos
no mundo e queremos dicir ben alto que NON
ENTENDEMOS QUE:
-
A poboación ucraína teña que abandonar o seu país,
a súa familia, os seus fogares...
-
Persoas inocentes
e militares teñan que combater nunha guerra declarada por
políticos que só buscan o seu beneficio.
-
Adolescentes vaian á guerra enganados pensando que
non van matar a ninguén.
-
Os países “fortes” ou poderosos se sigan
aproveitando dos máis débiles.
-
Os políticos elixidos para gobernar o seu país se
esquezan da vida dos seus habitantes e só pensen na deles.
-
Só goberne xente que non debe gobernar.
En resumo, QUEIXÁMONOS E NON ENTENDEMOS que non aprenderamos nada da historia e sigamos vivindo na prehistoria.
E POR TODO ISTO ESIXIMOS que:
-
Se pare a guerra porque nos afecta a todos e todas.
-
Non haxa nunca máis familias desestruturadas por conflitos bélicos.
-
Os políticos pensen máis no pobo e menos na
economía.
-
Non se recorra á violencia en ningún caso para
resolver conflitos.
-
Haxa máis entendemento, máis diálogo e unha
educación en valores humanos.
-
A convivencia e o respecto mutuo entre as persoas
elimine todo tipo de fronteiras e se respecte a opinión de todos e todas.
-
A empatía entre os diferentes pobos oriente os
políticos de todos os estados.
EN DEFINITIVA, DICIMOS MOI
ALTO:
NON Á GUERRA EN
UCRAÍNA, NIN A NINGUNHA OUTRA GUERRA!
NON Á MANIPULACIÓN NA
INFORMACIÓN QUE ENGANA AS PERSOAS QUE VIVEN O CONFLITO DIRECTA E
INDIRECTAMENTE!
NON ÓS POLÍTICOS QUE SÓ
PENSAN EN SI MESMOS!
E REIVINDICAMOS E ESIXIMOS: PAZ!
Alumnado
2ºESOA
15-03-2022
Seguimos manifestándonos e ESIXINDO:
MANIFESTO: NON Á GUERRA
NÓS, os/as alumnos/as de 2º B do IES Muralla manifestamos o noso total desacordo e a nosa REPULSA contra a guerra e nesta situación declaramos que estamos fartos de:
- Que
un mandatario declare unha guerra, mais non estea disposto a ir a ela.
- Que
un país queira someter a outro país
- Que
haxa persoas obrigadas a defender o seu país nunha guerra.
- Que
destrocen os edificios públicos, os hospitais, as residencias…
- Que
haxa persoas que teñan medo a saír á rúa
- Que
teñan que separarse as familias.
- Que
suban os prezos da luz, o gas e a gasolina que nos afecta a todos e máis aínda
ás persoas máis vulnerables.
- Que
chegue a haber escasez de produtos básicos como aceite ou cereais.
- Que
haxa xente que pase fame e calamidades debidas a esta situación.
- Que se mate ou que vexa truncada a súa vida xente inocente.
E POR ISO ESIXIMOS que:
- Rematen
os conflitos bélicos
- Non
morra xente inocente e as persoas, sobre todo os nenos, non teñan medo.
- Países
como Ucraína volvan ser o que eran, que se recupere a súa poboación e as súas
xentes poidan vivir en paz.
- Os
criminais de guerra paguen os seus delitos con xustas condenas pola barbarie
cometida.
- Que impere o entendemento e o diálogo entre os países.
EN DEFINITIVA:
Queremos deixar ben claro que non queremos máis gueras , que morra máis xente inocente e as persoas perdan o seu fogar. A violencia non é o camiño.
QUEREMOS VIVIR EN PAZ!!!!!
En "Radio Llama" puxémoslle voz a estes manifestos para que a nosa mensaxe chegase a todas as persoas e foramos máis xs que defenderamos A PAZ.
Audio do manifesto de 2ºESOA.
Audio do manifesto escrito polo alumnado de 2ºESOC.
Imaxe do alumnado que puxo voz aos manifestos en Radio Llama.
Ao longo das semanas, o equipo de Radio Llama informa e pon cancións que lembran o preciso que é conseguir A PAZ para lograr vivir nun mundo, no que o respecto sexa a única bandeira que nos una.
Un ano máis, compoñentes do club de lectura e outrxs compañeirxs, participaron no concurso Jóvenes talentos de relato corto, elixindo a opción de concursar en lingua galega.
Estaban moi animadxs e ilusionadxs, xa que lembraban que o ano pasado un premio recaera nunha compañeira nosa; pero o mércores, cando fixeron a primeira proba nos ordenadores, os nervios xa empezaron a aparecer... Chegou o día 10 e grazas ás profes, Marta e Delia, a aula estaba preparada, os ordenadores listos para que só tiveran que seguir os pasos e entrar na páxina que os/as levaría a protagonizar esta andanza.
Só quedaba descubrir "O ESTÍMULO CREATIVO"
que os levaría a escribir a súa historia e a mergullarse durante dúas horas en mundos...
PARABÉNS A TODAS E A TODAS OS/AS ESCRITORES/AS!!!!
Como dixeron: "Como estas actividades, moitas máis!"
O equipo de Radio Llama e os membros do club de lectura leron os textos escritos polxs seus/súas compañeirxs co fin de seguir compartindo historias de mulleres no tempo de lecer .
Comezou Sara lendo o seu texto.