Desde logo que o mes de maio foi moi intenso, ademais da lectura e dos traballos que fixemos sobre a figura de Begoña Caamaño, o noso centro quería celebrar o Día das Letras Galegas cunha festa cono se merece.
Logo de varios días de ensaio, tivo lugar a celebración no tempo de lecer do día 18 de maio (o venres anterior non puideramos facela porque chovía) na que gran parte do alumnado de 2º ESO tocou coa frauta a peza "O son do ar" de Luar na lubre e logo a muiñeira de Lugo, neste caso acompañados da percusión, ao son desta última peza bailamos alumnado de 2º e 3º ESO e profesorado.
Desfrutamos moito tod@s xunt@s celebrando a festa con moita ilusión. Queremos agradecer ao departamento de Música así como ao EDLG o traballo para que a celebración fose un éxito



