Hai uns días lembramos o necesario que é vivir en PAZ, quen nos ía dicir que pronto teriamos que volver recordar todo e deixar nos nosos textos, nas nosas palabras, nas nosas ilustracións estas mensaxes:
NON MÁIS GUERRAS!!!
QUEREMOS VIVIR EN PAZ!!!
O alumnado de 3ºPMAR reflectiu nas súas ilustracións o seu: NON Á GUERRA!
NÓS, o
alumnado de 2ºESOA do IES Muralla Romana, QUEIXÁMONOS dos conflitos bélicos que hai nestes momentos
no mundo e queremos dicir ben alto que NON
ENTENDEMOS QUE:
-
A poboación ucraína teña que abandonar o seu país,
a súa familia, os seus fogares...
-
Persoas inocentes
e militares teñan que combater nunha guerra declarada por
políticos que só buscan o seu beneficio.
-
Adolescentes vaian á guerra enganados pensando que
non van matar a ninguén.
-
Os países “fortes” ou poderosos se sigan
aproveitando dos máis débiles.
-
Os políticos elixidos para gobernar o seu país se
esquezan da vida dos seus habitantes e só pensen na deles.
-
Só goberne xente que non debe gobernar.
En resumo, QUEIXÁMONOS E NON ENTENDEMOS que non aprenderamos nada da historia e sigamos vivindo na prehistoria.
E POR TODO ISTO ESIXIMOS que:
-
Se pare a guerra porque nos afecta a todos e todas.
-
Non haxa nunca máis familias desestruturadas por conflitos bélicos.
-
Os políticos pensen máis no pobo e menos na
economía.
-
Non se recorra á violencia en ningún caso para
resolver conflitos.
-
Haxa máis entendemento, máis diálogo e unha
educación en valores humanos.
-
A convivencia e o respecto mutuo entre as persoas
elimine todo tipo de fronteiras e se respecte a opinión de todos e todas.
-
A empatía entre os diferentes pobos oriente os
políticos de todos os estados.
EN DEFINITIVA, DICIMOS MOI
ALTO:
NON Á GUERRA EN
UCRAÍNA, NIN A NINGUNHA OUTRA GUERRA!
NON Á MANIPULACIÓN NA
INFORMACIÓN QUE ENGANA AS PERSOAS QUE VIVEN O CONFLITO DIRECTA E
INDIRECTAMENTE!
NON ÓS POLÍTICOS QUE SÓ
PENSAN EN SI MESMOS!
E REIVINDICAMOS E ESIXIMOS: PAZ!
Alumnado
2ºESOA
15-03-2022
Seguimos manifestándonos e ESIXINDO:
MANIFESTO: NON Á GUERRA
NÓS, os/as alumnos/as de 2º B do IES Muralla manifestamos o noso total desacordo e a nosa REPULSA contra a guerra e nesta situación declaramos que estamos fartos de:
- Que
un mandatario declare unha guerra, mais non estea disposto a ir a ela.
- Que
un país queira someter a outro país
- Que
haxa persoas obrigadas a defender o seu país nunha guerra.
- Que
destrocen os edificios públicos, os hospitais, as residencias…
- Que
haxa persoas que teñan medo a saír á rúa
- Que
teñan que separarse as familias.
- Que
suban os prezos da luz, o gas e a gasolina que nos afecta a todos e máis aínda
ás persoas máis vulnerables.
- Que
chegue a haber escasez de produtos básicos como aceite ou cereais.
- Que
haxa xente que pase fame e calamidades debidas a esta situación.
- Que se mate ou que vexa truncada a súa vida xente inocente.
E POR ISO ESIXIMOS que:
- Rematen
os conflitos bélicos
- Non
morra xente inocente e as persoas, sobre todo os nenos, non teñan medo.
- Países
como Ucraína volvan ser o que eran, que se recupere a súa poboación e as súas
xentes poidan vivir en paz.
- Os
criminais de guerra paguen os seus delitos con xustas condenas pola barbarie
cometida.
- Que impere o entendemento e o diálogo entre os países.
EN DEFINITIVA:
Queremos deixar ben claro que non queremos máis gueras , que morra máis xente inocente e as persoas perdan o seu fogar. A violencia non é o camiño.
QUEREMOS VIVIR EN PAZ!!!!!
En "Radio Llama" puxémoslle voz a estes manifestos para que a nosa mensaxe chegase a todas as persoas e foramos máis xs que defenderamos A PAZ.
Audio do manifesto de 2ºESOA.
Audio do manifesto escrito polo alumnado de 2ºESOC.
Imaxe do alumnado que puxo voz aos manifestos en Radio Llama.
Ao longo das semanas, o equipo de Radio Llama informa e pon cancións que lembran o preciso que é conseguir A PAZ para lograr vivir nun mundo, no que o respecto sexa a única bandeira que nos una.
Con isto e coas "Cartas ao director", que escribimos e enviamos, DESEXAMOS CON TODAS AS NOSAS FORZAS QUE A PAZ REINE NESTE MUNDO.