DEDICADO A TODAS AS MULLERES DO MUNDO
Había poucos días que lembraramos a UNHA MULLER, por iso decidimos que seguise presente neste día e en todas as actividades que realizamos, xa que foi un modelo a seguir.
RADIO LLAMA emitiu durante o recreo dándolle voz a todo o realizado ao longo destes días polxs nosxs compañeirxs e así compartilo con toda a comunidade educativa.
Abriron o programa poñendo o rap escrito e interpretado polo alumnado de 3PMAR.
Continuaron informando que o vídeo realizado polo alumnado de 1ESO B_C e 2ºESOC, sobre as MULLERES que para eles e elas fixeron historia, podíase ver na pantalla do corredor da entrada do centro. Neste vídeo coñecemos a historia de mulleres pioneiras como: Amelia Earhart, Anna Frank, Hipatia, Concepción Arenal, Isabel Zendán, Marie Curie, Micaela Chao, Emilia Pardo Bazán, Irene Sendler, María Pita, Qiu Jom...
Pero, onde está a presenza das MULLERES que día a día fan historia e nunca teñen un recoñecemento público? Aquí comeza: "MULLERES ANÓNIMAS".
O equipo de Radio Llama e os membros do club de lectura leron os textos escritos polxs seus/súas compañeirxs co fin de seguir compartindo historias de mulleres no tempo de lecer .
Comezou Sara lendo o seu texto.
Escoitade a historia na súa voz:
Continuaron poñéndolles voz a outros relatos
Deixámosvos co audio nas voces dos autores e autoras de 2ºESOA dos relatos que escribiron sobre as "MULLERES ANÓNIMAS", pero importantes e imprescindibles nas súas vidas.
Audio coas voces dos autores e autoras (1ºESOA) dos textos escritos para lembrar as "SÚAS" MULLERES ANÓNIMAS, pero importantes e imprescindibles nas súas vidas. (O último non é unha muller anónima, pero si importante para a persoa que o escribiu.)
Non vos esquezades, a biblioteca ten unha selección de lecturas e a porta sempre aberta para compartir.