domingo, 10 de maio de 2026

PREPARANDO O DÍA DE ROSALÍA

 Todo o alumnado de 2º ESO, e tamén o club de lectura, estivo a realizar un proxecto que tiña por obxectivo realizar unha exposición sobre Rosalía de Castro. 

Tiñamos que celebrar o 23 de febreiro como se merece, así que decidimos facer unha exposición con todas as imaxes que hai da autora, desde os seus retratos en vida ata as versións máis modernas como poden ser as creacións de grafitis que embelecen as nosas rúas. 

O primeiro que fixemos foi buscar imaxes e quedamos moi abraiados coa cantidade que hai, así que fixemos unha selección dunhas 20.

Logo, todo o alumnado de 2º ESO (entre as que se inclúen membros do club de lectura) púxose mans á obra para buscar información sobre a propia imaxe ou sobre datos da autora que estivesen relacionados coa imaxe escollida. O traballo fíxose en parellas e, unha vez escollida a información, crearon un breve documento no que se recollían os datos buscados para poñelos logo de pé de foto explicativo.

Desde o club tamén colaboramos co proxecto, claro está! Aquí vos poñemos algunhas imaxes dos momentos da actividade.