domingo, 10 de maio de 2026

CELEBRANDO A ROSALÍA FÓRA DO CENTRO

Como vedes, este ano o día de Rosalía foi un motivo de gran celebración e, para poñer a guinda do pastel, o alumnado gañador do certame Enredando co galego foron convidados polo Concello de Lugo e pola AELG a participar nunha homenaxe á nosa gran escritora que se celebrou tamén o propio día 23 de febreiro no parque da nosa cidade que leva o nome da  autora, ante un busto dela. 

Alí había representantes das institucións e poetas, entre eles o mestre de cerimonias, Lois Pérez. Así mesmo había alumnado e profesorado doutros institutos de Lugo que tamén participaron. 

Na intervención do noso centro, entre todo/as compañeros/as recitaron o poema "Adiós, ríos; adiós, fontes" de Cantares Gallegos. Saíu en El Progreso unha imaxe recollendo este momento, que ben!

Foi unha saída moi emotiva na que ademais nos acompañou un sol radiante.