Coa exposición montada, o propio día 23 de febreiro, o alumnado de 3º ESO da materia de Oratoria baixou coa profesora Cristina a onde está o taboleiro da exposición e alí fixeron un recitado de poemas de Cantares Gallegos e Follas Novas. Que mellor homenaxe a unha autora que recitar a súa obra!
Estas son algunhas imaxes desa actividade de recitado:


