O EDLG inmisciu, un ano máis, o alumnado de ESO, Fpbásica e club de lectura para lembrar que Rosalía de Castro segue estando presente e que a súa mensaxe está de plena actualidade. ELA comezou un camiño que nós, os/as seus/súas herdeiros/as, debemos seguir para conseguir que este mundo sexa un espazo onde non teñan cabida ningún tipo de inxustizas e que a IGUALDADE E O RESPECTO sexan as que rexan os nosos destinos.
Baseándose na lectura da obra da autora, o alumnado realizou composicións persoais para reflectir que hai que rematar con todo tipo de desigualdades, puxo voz a poemas...
Aquí vai unha mostra da nosa actividade:
Por Rosalía e para Rosalía. Cremos que a nosa autora estaría orgullosa vendo que todos e todas berramos moi alto IGUALDADE, RESPECTO E XUSTIZA.