Promovida polo Equipo da Biblioteca e o EDLG estivemos facendo unha actividade sobre o 8-M recollida nun mural no que se deixaron plasmadas as olladas sobre mulleres que consideramos "importantes" pola súa aportación á sociedade ou a nivel persoal.
Participou alumnado de 1º e 2ª de ESO mediante composicións con información e moito colorido... como podedes ver:
|
8-M: Día da muller |
|
Mural coas diferentes participacións
|
Foron mulleres de distintos lugares, de distintas épocas; unhas máis coñecidas e outras menos, pero todas deixan ou deixaron unha pegada para o alumnado participante, que así quixo destacalas:
Para esta actividade houbo un xurado que premiou, entre todos os traballos, os realizados por unha alumna de 1º ESO e dúas de 2ª ESO dos que vos poñemos aquí as imaxes:
|
Retrato elaborado por Moraima B.V. de 1º ESO B |
|
Retrato elaborado por Narges B I. de 2º ESO B |
|
Retrato elaborado por Mara S.M. de 2º ESO C |