mércores, 1 de marzo de 2023

ABRAHAM CUPEIRO EN RADIO LLAMA

Bos días a todos e a todas!

Grazas ao departamento de música, hoxe visitou o centro Abraham  Cupeiro para impartir un concerto e achegarnos á maxia que encerra a música. Aproveitando a súa presenza, o equipo da radio escolar, Radio Llama, entrevistouno para coñecelo un pouquiño máis. 

Dani, Naiara, Pablo, Silvia e Uxía (representantes do club de lectura e responsables de Radio Llama) foron os encargados de compartir momentos inesquecibles con Abraham. 

Así comezaron: 

Bos días! Hoxe está con nós Abraham Cupeiro  MÚSICO especializado en recuperar instrumentos xa “perdidos no tempo”,  ser quen de construílos e tocalos para incorporalos nos seus concertos amosando a súa actualidade.  Naceu en Sarria,  estudou trompeta no Real Conservatorio de Música de Madrid, un máster en interpretación da música antiga na Universidade Autónoma de Barcelona e dende hai anos é recoñecida a súa sona a nivel internacional, como amosan os concertos e colaboracións con orquestras de renome (Orquestra sinfónica de Galicia, Real Filarmónica de Londres...), autor de bandas sonoras e moitas máis facetas que iremos descubrindo ao longo da entrevista. 







Deixámosvos co audio para que non vos perdades nin unha soa palabra deste grande MÚSICO que é Abraham Cupeiro. 

Silvia, Pablo, Abraham, Uxía, Naiara e Dani ao final da entrevista. 


MOITAS GRAZAS, ABRAHAM polo teu bo facer e por compartir este tempo con todos e todas nós.