Ola a todos e a todas!
O 19 de setembro asistimos a unha actividade (grazas a que nos convidou a Fundación Breogán) que compartimos con moitos/as compañeiros/as do noso centro e doutros tres máis da localidade. Trátase dun proxecto que leva por nome LUZ Ó DEPORTE e que nos enganchou desde o comezo ao saber que coñeceriamos persoalmente a Iñaki Zubizarreta. Por se non vos lembrades, o cómic, Subnormal, estivera con nós o curso pasado como podedes escoitar nesta sección.
Dicirvos que foi unha experiencia dura, xa que escoitar na voz do protagonista todo o que padeceu sendo un neno de 11 anos, por culpa do acoso ao que se viu sometido, move os sentimentos. Pero saimos reforzados nos nosos principios e berramos moi alto:
BASTA XA! TRÁTAME BEN!!!
Iñaki comezando:
Nós agardando para facerlle as preguntas que nos xurdiran despois de escoitalo:
Como era de esperar, pedímoslle que nos dedicara o cómic, Subnormal para a biblioteca do centro.
E aquí vos deixamos coa súa dedicatoria:
Recomendámosvos esta lectura e esiximos que nunca máis teñamos que dicir: BASTA XA! TRÁTAME BEN! Iso quererá dicir que O RESPECTO É O QUE MOVE AS PERSOAS E O MUNDO, DUNHA VEZ POR TODAS!