Aquí seguimos facendo o que nos gusta: LER E COMPARTIR!
Para facilitarvos a escoita das nosas opinións sobre as lecturas creamos esta nova entrada, aínda que vos lembramos e aconsellamos premer na etiqueta "As nosas lecturas" deste blog para escoitar moitas máis recomendacións que, seguro, vos axudarán a medrar dun xeito gratificador.
Comezamos!
Iria (1ºESOA) comparte a súa opinión sobre a lectura de A folla azul da autora Andrea Maceiras.
Carme (2ESOA) achega a súa opinión sobre a obra de Care Santos, Verdade.
Antía (2ºESOA) fálanos do cómic Subnormal realizado por Miguel Porto e Fernando Llor baseado na historia de acoso que sufriu o baloncestista Iñaki Zubizarreta.
Agora é Elsa (2ªESOA) quen achega a súa opinión sobre o mesmo cómic.
Violeta (2ESOA) comparte a súa opinión sobre a obra de Andrea Maceiras, O que sei do silencio.
Unai (1ºESO) achega a súa opinión sobre a obra de Eva Mejuto, Memoria do silencio e anímavos a lela.
Diego (2ºESO) comparte a súa opinión sobre a mesma novela de Eva Mejuto, Memoria do silencio.
Marco (1ºESOA) comparte a opinión sobre a lectura da obra de Andrea Maceiras, Volverás golfiño.
Miguel (1ºESOA) achega a súa opinión sobre a obra de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, A nena á que non deixaban ser feliz.
Violeta (2ºESOA) opina sobre Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz. Seguro que, ao escoitar o seu audio, vos animades a ler esta obra.
Diego Alejandro (1ºESOA) fala dunha das obras da literatura universal, A illa do tesouro de Robert Louis Stevenson.
Seguindo con aventuras e con novelas "universais", aquí vos deixamos coas opinións sobre a obra Robinson Crusoe de Daniel Defoe nas voces de:
SANTI (1ºESOA)
E de UNAI (1ºESOA)
Seguimos lendo e compartindo opinións para animarvos a vós. Iria (1ºESOA) achega a súa opinión sobre a obra de Ledicia Costas, A balada dos unicornios.
Dani (1ºESOA) resume a obra de Pepe Carballude, De como o Santo dos Croques se fai peregrino.
Marco (1ºESOA) dá a súa opinión sobre a obra de Antía Yáñez, O misterio de Portomarín para animarmos a súa lectura.
As seguintes recomendacións animaranvos a ler poesía. Deixámosvos con Taha (2ºESOA) que dá a súa opinión sobre o poemario de Carlos Negro, Makinaria.
Elsa (2ºA) opina sobre a lectura de Street poems de Fran Alonso. Agardamos que esta obra nos abra camiño para continuar o comezado polo club de lectura.
Volvemos á narrativa da man de Carme (2ºESOA) que nos anima a ler Europa Express de Andrea Maceiras.
Antía (2ºESOA) achega a súa opinión sobre Tristes armas de Marina Mayoral.
Édgar (2ºESOA) dá a súa opinión sobre a obra lida pola súa compañeira Antía. Agardamos que vos vaiades animando a lela.
Chaimae (2ºESOA) opina sobre os relatos de O neno can, obra escrita por Fina Casalderrey e Francisco Castro.
Diego (2ºESOA) dános a súa opinión sobre a obra de Agustín Fernández Paz, Noite de voraces sombras.
Santiago (1ºESOA) achega a súa opinión sobre a obra de Eva Mejuto, Memoria do silencio. Agardamos que vos animedes a lela.
Unai (1ºESOA) fálanos da obra de Valentín Alvite, Antía e Daren. O misterio dos torques roubados. Non esperedes máis e comezade a lela.
Por se tiñades dúbidas, aquí vos deixamos coa opinión de Marco (1ºESOA) sobre a mesma obra.
As palabras e a opinión que nos achega Santi (1ºESOA) sobre esta mesma obra acabarán por animarvos a lela.
Daniel (1ºESOA) dános a súa opinión sobre o cómic de Paco Roca, Engurras.
Sandra (1ºESOA) fálanos da obra de Ledica Costas, Os minimortos. Benvidos ao outro barrio.
Sandra (1ºESOA) fálanos, nesta ocasión, da lectura de Palabras de caramelo, escrita por Gonzalo Moure.
Agora é Maryam Nazar (1ºESOA) a que nos dá a súa opinión sobre a mesma obra de Gonzalo Moure. Agardamos que vos animedes a lela.
E Zeltia (2ºESO A) segue animándonos a ler esta obra de Gonzalo Moure. Deixámosvos coa súa recensión.
Alicia (2ºESOA) achega a súa opinión sobre Palabras de caramelo.
Continuamos lecturas, agora Juan Luis (1ºESOA) comparte con nós a súa opinión sobre a obra de Pilar Serrano e Jorge Campos, Unha mestra en apuros. Sálvese quen poida.
Diego Alejandro (1ºESOA) comparte a súa opinión da obra, Unha mestra en apuros. Isto é outro mundo de Pilar Serrano e Jorge Campos.
Sheila (1ºESOA) achéganos un resumo da obra de Bárbara Cantini, Mortiña. Un curmán repugnante.