Ola a todos e a todas!
Tal e como di o noso lema: " A felicidade non se pode mercar, pero o que ama a lectura vive a historia coma se fose súa e viaxa polo universo".
Por iso, convidamos no primeiro programa de Radio Llama, a radio do Muralla, a todos e todas os/as compañeiros/as para que se unan aos nosos clubs de lectura e a participar en todas as nosas andanzas.
Xa vedes que non perdemos tempo, tivemos que volver familiarizarnos co funcionamento da nosa radio, perder "a vergonza" a falar en público..., pero como nos une a amizade e o desexo de volver compartir, aquí estamos Daniel, Naiara, Uxía, Silvia, Pablo, Carla e Noa para dicirvos que ESTAMOS DE VOLTA E AGARDÁMOSVOS!
Nestes primeiros días de curso tivemos uns agasallos moi desexados e agardados, OS DIPLOMAS DE "BIBLIOTECARIOS/AS SOLIDARIOS/AS", que nos recoñecen parte do noso traballo realizado, porque foi moito máis o que traballamos. Estamos moi orgullosos/as deste recoñecemento.
Aquí vedes os/as que chegamos pronto para a foto.
Antes de deixarvos co audio de Radio Llama, lembrámosvos que no centro temos dous clubs de lectura, un dedicado á poesía, teatro e narrativa e outro a cómic. Ah, tamén fan falta voces para emitir os programas da nosa radio escolar, ANIMÁDEVOS!!!