martes, 14 de decembro de 2021

RADIO LLAMA, CON SARA MEIJIDE

O luns 13 de decembro, o equipo da radio escolar ("Radio Llama") tivemos a sorte de coñecer a Sara Fernández Meijide, xornalista da cadena SER, que comezou a descubrirnos os segredos desta canle de comunicación e os recursos que temos á nosa disposición para sacarlle o mellor partido á nosa radio. 

Sara comezou a familiarizarnos co equipo co que contamos...  

Conseguiu conectar tres micros para que así puideramos participar tres persoas nos programas de radio.

Falounos da "mesa de mezcla" que tiñamos e deunos un pequeno desgusto, xa que non era moi útil para os nosos proxectos. Pensaremos...

Logo de ver o equipamento co que contabamos recomendounos facer gravacións e traballalas antes de emitir o programa, porque se queriamos incluír música a unha entrevista ou a calquera información en directo non podiamos. Ensinounos o camiño que tiñamos que seguir tendo en conta o noso equipamento. Comezou por aprendernos o manexo do audacity, falounos do imprescindible que é respectar os dereitos de autor/a á hora de usar música, imaxes... e recomendounos algunhas páxinas. 

Continuou explicándonos como se realiza un podcast.

e sen máis, púxonos a FUNCIONAR! 

Comezou organizando tres equipos e lembrando as funcións de cada compoñente.

Preguntándonos que temas nos gustarían tratar no programa que imos gravar. 

Eliximos temas interesantes, pero que non imos desvelar agora porque os escoitaredes nos programas que compartiremos. 

Sara despediuse lembrando que levabamos traballo de investigación, porque na seguinte xuntanza tocaba gravar e  amosar que imos por bo camiño para dedicarnos ao xornalismo. 

Ata luns, Sara!