domingo, 19 de decembro de 2021

CONCURSO: A MELLOR ÁRBORE DE NADAL DA AULA E O MELLOR VÍDEO DE FELICITACIÓN

Reunido o xurado formado pola coordinadora das TICs, un membro do persoal non docente, un do profesorado e dous representantes do grupo de biblioteca decide outorgar premio aos seguintes participantes nas categorías de:

MELLOR ÁRBORE DE NADAL 

Para a AULA 12 – 3ºPMAR pola súa orixinalidade, o seu traballo persoal e as ilusións que amosaron na elaboración e o contido dos seus desexos.

MELLOR VÍDEO DE FELICITACIÓN 

Para os/as participantes de 2ºC pola ilusión, alegría e compañeirismo que amosan neste vídeo.

AGARDÁMOSVOS A TODOS E A TODAS O DÍA 21 DE DECEMBRO DE 11.15H – 11.40H NO SALÓN DE ACTOS. 

Grazas por participar!!!


O xurado dos concursos fixo entrega dos premios: