martes, 14 de decembro de 2021

PREPARANDO O CALENDARIO, "O ANO DOS SENTIDOS"

Este ano, o concurso de fotografías e ilustracións para realizar o calendario, "O ano dos sentidos", demostrou que estamos unidos/as e que podemos comezar unha actividade e poñerlle fin entre todos e todas  nun ambiente de colaboración total.  Como? Moi fácil! Só hai que participar e, unha vez seleccionadas as fotos (aínda non se fixo público o veredicto do xurado -aí si que nós estivemos á marxe), axudar a darlle forma ao noso calendario, xa que estará en todas as aulas para o ano que vén e lembraranos moitos momentos. 

Participamos! E os/as nosos/as compañeiros/as de 1ºINFOFI comprometéronse a axudar na súa maquetaxe final e así o fixeron e están facendo porque custa moito. 

Fixádevos! 

- Coa axuda de Iris, deseñaron a portada do calendario, maquetaron todos os meses do ano (fixándose nos festivos...) coas fotografías elixidas e imprimiron 75 calendarios.

- Prepararon todo e organizaron o traballo para continuar o proceso. 

- Tere foi familiarizándoos coa perforadora para logo colocar a espiral. 

- Amodiño foron inseríndoa en cada calendario.

- O emprego do alicate para pechar a espiral resistiuse un pouco, pero.. 

- Parte do traballo está feito. Venres continuarán ata finalizalo e así poder ter os nosos calendarios. 


Grazas a todos e a todas por participar!

Grazas a todos e a todas por colaborar!

Pronto coñeceredes o veredicto final e poderedes gozar do noso calendario.