Comezamos unha nova andanza da man de Guido, que nos acompañou durante cinco horas, dun día frío e non moi chuvioso, pola nosa cidade para ensinarnos ARTE e informarnos de moitos, moitos e moitos temas de interese que nos axudarán a comezar esta nova aventura aínda máis ilusionados/as.
Ás nove da mañá chegou Guido ("o noso amigo") ao instituto para comezar a ruta urbana.
Só nos quedaban cinco horas percorrendo a pé a nosa cidade para descubrir todos os tesouros que temos de arte urbana en Lugo, porque a nova andanza d@s lector@s e andantes así o precisaba.
Guido comezou a ruta, e nós seguímolo cos oídos e os ollos ben abertos ao longo de toda ela.
Aquí tedes algunhas fotos do día:
Ao longo da ruta, Guido respondeu a todas as nosas preguntas e ata contou coa colaboración, totalmente improvisada, de Sara e María para explicar o mito de Ariadna.
Compartimos o vídeo que resume esas cinco horas que nos axudaron a seguir enriquecéndonos cultural e persoalmente no ambiente que caracteriza a Lecturas e andanzas I, II.
Grazas Guido polas ensinanzas que nos transmitiches e por compartir este tempo con nós. Xa sabes que botaremos man de ti ao longo desta andanza que comezamos.
Que andanza será?
Se nos seguides, saberédelo!!!