mércores, 24 de novembro de 2021

25 NOVEMBRO, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

  



Compartimos unha "breve" descrición de como fomos ideando e facendo ao longo deste mes para deixar ben claro que,  NON QUEREMOS MÁIS BÁGOAS! Se estades dispostos e dispostas, "ENTRADE, LEDE E MIRADE!"

Anum Zahra (3ºESO) realizou o deseño que colocamos por todo o centro. MOITAS GRAZAS, ANUM! 

Deseguido, María  e Jennifer F. (4ºESOA) deseñaron a chapa que repartiremos ese día entre toda a comunidade educativa. Como a maioría dos/das compañeiros/as coñeciamos a obra de Carlos Negro,  Penúlimas tendencias  lembramos uns versos deste poemario e aquí vedes o resultado. 


MOITAS GRAZAS, MARÍA E JENNI! Como este é un traballo compartido, tocaba facer as chapas e, "meu dito, meu feito". 

Aproveitamos os momentos libres


para rematalas a tempo. Grazas, Uxía, Naiara, Violeta e a  moitas máis mans que axudaron.


Tocaba seguir colaborando e pensamos en redactar haikus cos substantivos e adxectivos cos que nós, alumnos e alumnas de 1ºESOA e 2ºESOA, definimos este tipo de violación. 

Se premedes na imaxe podedes acceder aos textos. 


E puxémoslles voz!!


Os/as compañeiros/as de 3ºESOB/PMAR realizaron murais amosando o seu enfado ante esta situación. 


Pouco a pouco o centro ía sendo testemuña da nosa implicación.


Tocaba "interpretar". O primeiro vídeo que gravamos está baseado en poemas de Penúltimas tendencias de Carlos Negro. Seguindo os poemas, creamos unha historia que reflicte a quen NON queremos as mulleres; que deixase claro que un NON, é UN NON! e lembrar que as mulleres somos fortes para repetir, mil e unha vez, o que QUEREMOS  e ESIXIMOS: RESPECTO E IGUALDADE!

Nesta gravación participaron as nosas compañeiras de 4ºESOA (María, Jenni F., Sara R., Sara e Aitana) e as profesoras Marta e Rocío. 


Grazas a todas pola vosa implicación e a María, tamén,  pola montaxe e edición do vídeo, que poderedes ver ao final desta entrada. 

Seguindo a recomendación de Elena, puxémonos a ler Somos las nietas de las hijas que no pudisteis quemar, de Ame Soler e decidimos facer unha adaptación dunha parte desta obra. Tocaba buscar actores e actrices. Ningún problema! Os protagonistas serían Elena (profe) e Iván (profe), e o alumnado de 3ºESOA interpretarían os personaxes "secundarios". 

Deixámosvos cos protagonistas da gravación que poderedes ver ao final da entrada. 


MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS A TODAS!

Había que continuar e así o fixemos. As compañeiras de 1ºESBE escribiron este poema, que agardamos vos guste tanto coma a nós. 
E amosaron o dominio da maquillaxe, tal e como vemos nas seguintes fotos.



GRAZAS!!! 

1º e 2ºESINBE expresaron os seus pensamentos sobre este día do seguinte xeito. 



O alumnado de 2ºESTBEL non dubidou en achegar a súa contribución a este día. Fixádevos nas seguintes imaxes. 




Antes de despedirnos, agradecer a todos e todas a colaboración, e queremos  lembrar o traballo dos/as responsables de "Radio Llama" por poñer voz ao longo dos recreos  a todo o que se ía realizando.  

Para finalizar esta "breve" introdución, deixámosvos co vídeo que reune as actividades realizadas ao longo deste mes e amosan o NOSO COMPROMISO. 


O IES MURALLA ROMANA DI BEN ALTO:

NON MÁIS BÁGOAS!

"NUNCA ME PINTES COSTURAS NOS LABIOS" ( Carlos Negro)