martes, 27 de outubro de 2020

AS LECTURAS SEGUEN FACÉNDONOS MEDRAR

Nesta época que nos tocou vivir, non hai nada mellor que mergullarse nos libros para seguir MEDRANDO!!! 

Aquí vos deixamos cuns audios nos que vos achegamos as nosas opinións sobre as lecturas que fomos rematando, para que vos animedes a ler as obras que vaiamos compartindo, porque - seguro- vos  farán pasar uns momentos inesquecibles, como nos fixeron pasar a nós.  

O neno can, escrito por Fina Casalderrey e Francisco Castro é o que comeza esta andaina nas voces de: 

Uxía, Hugo, Naiara e Claudia (1ºESOA)







Pablo comparte a súa opinión sobre a obra de Agustín Fernández Paz, Cartas de inverno, que -seguro-  vos animará a lela. 
Continúa Daniel recomendando a lectura de Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas.
 
Estíbaliz dá a súa opinión sobre a mesma obra de Ledicia Costas.  

Ainara comparte a súa opinión sobre a lectura, Escarlatina a cociñeira defunta da escritora Ledicia Costas  para animarvos a ler a obra.  
Iria recomenda a lectura de Cartas de inverno do autor Agustín Fernández Paz. Xa sabedes que tamén podedes lela na adaptación para cómic

 
Carolina achega a súa opinión sobre a obra de Marina Mayoral, Tristes armas. 
 
Izan dá a súa opinión sobre a mesma obra de Marina Mayoral. Agardamos que vos animedes a lela. 

Victoria comparte a súa opinión sobre a obra de María Solar, Os nenos da varíola
 
Gústavos o misterio? Alexandre (3ºESOA) recomenda a lectura de Domingo Villar, Ollos de auga.
 
E se queredes outra opinión sobre Ollos de auga, aquí podedes escoitala na voz de Brais (3ºESOA)

María (3ºESOA)achéganos á historia e ao misterio que rodea a obra de Carlos Vila Sexto, As sete mortes.
Jennifer F. (3ºESOA) anímanos a ler, Unha estrela no vento de Ledicia Costas.
 
Ainhoa (3ºESOA) recomenda a lectura de Agustín Fernández Paz, Noite de voraces sombras. Escoitade a súas palabras e veredes como vos animades!
 
Toca a hora da poesía. José Ramón(3ºESOA) anima a ler: Masculino singular de Carlos Negro.
 
Yoel (3ºESOA) achega a súa opinión sobre a obra de Manuel Núñez Singala, O achado do castro.
 
Lucía (3ºESO) comparte a súa opinión sobre Europa Express, obra de Andrea Maceiras.
 
E agora escoitaredes na voz de Noemí (3ºESO) a súa opinión sobre a mesma obra de Andrea Maceiras.
Aitana (3ºESO) achéganos á historia que se conta en Irmán do vento de Manuel Lourenzo González.
 
Candela (3ºESO) dá a súa opinión sobre a lectura, Anagnórise de María Victoria Moreno.
Jennifer V. (3ºESOA) comparte a súa opinión sobre a obra de Xabier P. Docampo, Cando petan na porta pola noite.
 
Lorena (3ºESOA) recomenda a lectura de Anagnórise de María Victoria Moreno.
Sara achéganos á historia que conta Elena Gallego Abad na súa obra, Dragal I. A herdanza do dragón e dá a súa opinión sobre esta lectura.