ADIVIÑAS PARA SITUARNOS NO MOMENTO:
Deixámosvos coas que idearon os nosos compañeiros Dayron, Miguel e Daniel de 1ºESOA
É marrón e tamén redonda.
Sae das árbores
e é unha comida
que che dá vida.
Que é?
---------------------------------
Gorro picudo,
nariz afiado,
cara verde e chea de grans ,
vestida con roupa velliña.
Quen será?
---------------------------------
A bruxa cantaba,
os espíritos asustaban,
os nenos berraban...
en que noite estaban?
---------------------------------
É amigo dos mortos viventes
está dentro dalgúns seres,
de ósos está feito
e non voa por enriba dos teitos.
Que será?
COPLAS PARA ANIMARNOS
Moitas bruxas,
moitos magos,
pero ninguén
vai dicir ás casas:
truco trato!
---------------------------------
O esqueleto pode asustarte,
un zombi verde, tamén.
Pero ninguén pode gañarte
co teu disfrace impresionante!
Iria María
A pantasma branca voa,
a bruxa nariguda escoita,
a cabaza podre baila
e así á momia espanta.
Candela
As bruxas voan polo ceo,
os zombis saen da tumba,
as momias asustan,
as persoas disfrazadas de esqueletos
piden miles de caramelos.
Ainara
Os fantasmas asustan,
as bruxas voan,
a noite vén forte
para anunciar a morte.
Dayron
Cabazas, morcegos,
bruxas e gatos negros.
Neste samaín especial,
pasarémolo xenial!
Estíbaliz
A meiga corre rápido
porque viu a araña ennegrecida,
matou os mortos rindo
e castañas fixo de comida.
Naiara
A cabaza brilla na escuridade,
as pantasmas bailan felices,
os pallasos cantan con maldade
mentres os corvos voan arrepiantes
e as meigas seguen enfeitizando.
Claudia
A bruxa cantaba, `
o gato miañaba;
o esqueleto bailaba
mentres á bruxa espantaba.
Miguel
A cabaza laranxa salta,
o zombi gordo morde
e a meiga entusiasta
está moi borde.
---------------------------------
Saen da tumba
e empezan a bailar,
con algo de rumba
póñense a saltar!
Hugo
Eu teño un gato negro
que morde a xente,
ten un amigo ogro
que te cagas de medo
se o ves de fronte.
Izan
A cabaza laranxa sorrí,
o morcego fantasmal foxe,
a momia baila mal,
a bruxa fermosa búrlase dela
mentres o gato vello miaña.
---------------------------------
As castañas están moi boas,
porque mentres os corvos voan,
os veciños bailan
e o noso esqueleto os espanta.
---------------------------------
Este ano non poderemos facer “truco
trato”,
pero si poderemos recoller castañas
para degustalas nun bo prato
e, coa boca chea, seguir dicindo:
truco ou trato.
Uxía
O samaín empeza con terror,
moitos disfraces van aparecer
con sustos que producen dor
e fantasmas que non vas ver.
Daniel
ESCRIBIRON RELATOS PARA...
Era o 20 de outubro ás 17:34h cando unha muller se dipoñía a comprar unha casa. Aquela casa era perfecta e estaba moi ben de prezo; polo tanto, interesouse por aquela aparente beleza. Ao día seguinte quedou coas súas amigas para contarlles o seu interese por aquela vivenda, e eles dixéronlle que se lanzara sen pensalo máis. Logo de moito pensar, decidiu facerlles caso e decidiu chamar por teléfono ao vendedor. Despois de falar un rato, acordaron ir a semana seguinte vela. Ao longo dos días, a muller estaba cada vez máis convencida daquela decisión tan madura e tola.
Sete días despois de falar co vendedor, alí estaban. Era o 29 de outubro e chegara o momento de vela e mercala. Despois de vela decidiu que iría vivir alí coa súa familia, posto que, para o o seu gusto, era tan bonita por dentro coma por fóra.
Ao día seguinte foi cos seus fillos limpala e a muller dirixiuse a unha habitación e empezou a limpar coidadosamente o cuarto, no que había unha biblioteca e empezou por ela, pero... nun descoido moveuna e descubriu un espazo oculto que a sorprendeu moito. Abriu a porta e encontrou algo que fixo que berrase polos seus fillos. Cando chegaron e viron aquilo, animárona a gravar aquel aterrador momento para compartilo nas redes sociais. Aquel vídeo mostraba un cuarto que parecía sacado unha película de terror. O primeiro que viron nada máis entrar foi unha boneca tirada no chan, un montón de roupa vella, cadros, peluches e algunhas pezas dunha vaixela, pero o que máis abundaba eran bonecas sinistras. Ela decide cerrar ese cuarto e deixalo para as súas donas, as bonecas.
Agora, a muller está aterrorizada por este suceso que ocorreu tan preto de samaín, pero o máis aterrador vén á continuación. Aquela noite de samaín foi aterradora para esa muller. O teléfono soa e de súpeto, aparece un número estraño. Colle o teléfono intrigada e ao segundo soa unha voz tenebrosa dicíndolle que fora ao salón da casa. A muller rompe a chorar cando encontra a unha boneca ao lado do seu fillo degolado.
Como credes que sucedeu?
Pablo
Érase unha vez un desfile de almas que ían desfilando a media noite dun 31 de outubro cando Pedro baixou pasar co can ao bosque. De súpeto, escoitou un ruído e encontrouse co desfile da santa compaña. Diante ía un home que encabezaba o desfile e anunciaba que o señor morrería en tres días.
Pepe tiña moito medo, pero lembrou o que había que facer para escapar deste desfile. Debuxou un círculo no chan, púxose boca abaixo e comezou a rezar: Pai, fillo, Espírito Santo, amén. Todo isto díxoo con moito medo. Despois de rezar saíu correndo coa seu can.
Carolina
PUXÉRONLLE VOZ A LENDAS
Sara P. (2ºESO) cóntanos tres lendas que lle oíu a súa avoa e ela comparte con tod@s. Escoitade, escoitade...