martes, 16 de xuño de 2020

TOCA A DESPEDIDA

@s lector@s e andantes  desexámosvos que gocedes do tempo de descanso (que temos tod@s ben merecido) e lembrarvos o noso lema:


Recordando os títulos das lecturas que nos acompañaron nesta viaxe, queremos dicirlles a todos os Pierre Anthon do mundo que non estamos de acordo coa súa máxima de" Nada importa nada", xa que afirmamos todo o contrario. Sabemos que no mundo hai moitos Héroes que levarán por todo o planeta Sementes viaxeiras para que o mundo poida medrar, non só en Eroski Paraíso, senón nun auténtico edén,  porque todo o universo será un paraíso no que non existan bágoas de tristeza, xa que todas estarán gardadas no Colar de bágoas, para deixar que as que broten dos nosos ollos sexan só de felicidade. 

Como non puidemos despedirnos como desexariamos, aquí vai unha mostra que lembra os momentos que vivimos e compartimos. SABEMOS QUE O ANO QUE VÉN, SERÁN MOITOS MÁIS!