sábado, 16 de maio de 2020

LEMBRANDO A RICARDO CARBALLO (CARVALHO) CALERO

Como xa sabedes, o Día das Letras Galegas do 2020 está dedicado a Ricardo Carballo (Carvalho) Calero. 

DEBUXO DA ILUSTRADORA CRISTINA SOUTO PITA

Compartimos o que fomos realizando para lembrar este persoeiro que estivo comprometido, dende sempre, coa nosa lingua e coa nosa cultura.

Na revista escolar Latricadas podedes ver o traballo que realizaron compañeir@s de 2ºBAC e 4ºESO para achegarnos os datos máis relevantes deste autor. 

Agora deixámovos cunhas preguntas sobre a vida e obra do autor para poñer a proba os vosos coñecementos. NON ESQUEZADES QUE É A MODO DE PASAPALABRA, pero tedes unha vantaxe, podedes consultar e informarvos antes de contestar. TOCA INVESTIGAR, ÁNIMO!!! 

1º ACHEGAMENTO A RICARDO CARBALLO (CARVALHO) CALERO: 

Comeza por A: Profesión que desempeñou en Ferrol logo de rematar a carreira de Dereito.  
Comeza por B: Editorial na que publica, Anxo de terra
Comeza por C: Nome do espectáculo musical que se vén realizando dende 2003 e pretende conectar a Galicia coa Lusofonía.
Comeza por D: Recibe o Premio Extraordinario da licenciatura nesta especialidade (1931)
Comeza por E: Xunto a Lois Tobío redactou o anteproxecto deste texto legal.  
Comeza por F: Colexio lucense no que foi profesor, director e integrante do seu padroado.
Comeza por G: Editorial fundada en 1950 para a revitalización da cultura galega e da que  formou parte activa o autor.
Comeza por H: Título da obra que compila información contemporánea sobre a literatura galega
Comeza por I: Pseudónimo que emprega nas súas primeiras publicacións poéticas.
Comeza por L:  Colabora con Fernández del Riego nesta publicación santiaguesa (1946)
Comeza por M:  Nome da súa filla maior.
Comeza por N: Nesta editorial publica Silenzo axeonllado   (1936)
Contén o  Ñ: Apelido do autor que lle axudou a recompilar textos para que Carballo Calero puidese completar a súa historia da literatura.
Comeza por O:  Primeiro apelido do escritor que  respondeu o seu discurso de ingreso na RAG.
Comeza por P: Título da obra que comezou a colección Noroeste dentro da Editora Sá da Costa.
Comeza por Q: Segundo apelido do político republicano que ostentaba un ministerio cando se produciu o golpe de Estado.
Comeza por R: Proposta lingüística que defendeu Carvalho Calero nos últimos anos da súa vida.
Comeza por S: Título da obra coa que consegue o Premio da Crítica Española en 1987
Comeza por T: Título do primeiro poemario en castelán.
Comeza por U:  Foi o primeiro catedrático de lingüística e literatura galega nesta institución
Comeza por V: Revista na que publicou os poemas vangardistas que leu no seu ingreso no SEG.
Comeza por X: Cidade na que foi encarcerado logo do golpe de Estado de 1936
Remata en Z:  Apelido doutro autor que lle axudou a Carballo Calero a recompilar textos para completar  a súa historia da literatura.


PRECISAS  RESPOSTAS? 

POIS TERÁS QUE AGARDAR UNS DÍAS, TEMPO QUE TES PARA INVESTIGAR E POÑER A PROBA OS TEUS COÑECEMENTOS SOBRE O AUTOR. 


2º ACHEGAMENTO A RICARDO CARBALLO (CARVALHO) CALERO:

Comeza por A:  Peza teatral de temática existencial, filosófica, alegórica... publicada por primeira vez na revista Grial  en 1970
Contén o B: Apelido dun poeta que é motivo de estudo por parte do autor na obra Sete poetas galegos.
Comeza por C: Apelido do pseudónimo que empregou para asinar as colaboracións no xornal La Noche
Comeza por D: Participou no movemento estudantil contra este réxime político
Comeza por E:  Xénero literario ao que pertence a obra Sete poetas galegos.
Comeza por F: Lugar de nacemento do autor
Comeza por G: obra publicada pola editorial Galaxia en 1966 que serviu de “manual para os interesadxs” na nosa lingua e foi un referente nos estudos lingüísticos.
Comeza por H: Obra na que o autor defende que a literatura galega é a escrita en lingua galega.
Comeza por I: Institución que, xunto coa RAG, non defendeu as posturas reintegracionistas do autor.
Comeza por L:  Tamén se coñece así a proposta lingüística que  defendeu o autor na súa última etapa.
Comeza por M:  Cidade na que o sorprende o golpe militar.
Comeza por N: Título da publicación que se realizou en Galicia en 1982 que fixo que o autor reivindicase máis a súa postura lingüística.  
O Ñ: Como se escribiría esta letra seguindo a postura reintegracionista que defendeu o autor?
Comeza por O:  Título do poemario publicado en 1934
Comeza por P: Título da obra poética que publicou en 1980
Contén o Q:  Apelido do escritor galego coetáneo do autor, que era admirado por este.
Comeza por R: Bando no que loitou o autor na Guerra Civil española
Comeza por S: Localidade onde faleceu o autor.
Comeza por T: Apelido do intelectual co que redactou o anteproxecto de Estatuto de Autonomía elaborado polo SEG.
Comeza por U: Título da obra ensaística do autor, que viu a luz postumamente.
Comeza por V: Segundo nome da filla máis pequena
Comeza por X:  Sen o artigo, título da primeira novela publicada en galego na posguerra (1951) e premiada pola editorial “ Bibliófilos gallegos”.
Remata en Z: Segundo apelido do poeta celanovés que é estudado por Ricardo C. Calero na súa Historia da literatura galega contemporánea.

PRECISAS  RESPOSTAS? 

POIS TERÁS QUE AGARDAR UNS DÍAS, TEMPO QUE TES PARA INVESTIGAR E POÑER A PROBA OS TEUS COÑECEMENTOS SOBRE O AUTOR. 

DESEXAMOS, AO IGUAL QUE O AUTOR QUE ADMIRABA RICARDO CARBALLO (CARVALHO) CALERO, SEXAN:  "MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA" 

Agradecemos a Cristina Souto Pita a súa solidariedade por compartir o seu deseño con todos e todas nós. GRAZAS E PARABÉNS! 


HOXE RECIBIMOS UNHA NOTICIA QUE NOS ENCHEU DE ALEGRÍA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO: PARABÉNS Á NOSA COMPAÑEIRA IRIA LIÑARES (1ºBAC) polo premio obtido no 10º CONCURSO EUROPEO DE MARCAPÁXINAS.  Un pracer seguir gozando das túas creacións, Iria. 

A partir de agora, as nosas lecturas terán un marcapáxinas de luxo.


PARABÉNS, IRIA!!!