luns, 14 de outubro de 2019

PRIMEIRA XUNTANZA, LECTURAS E ANDANZAS II

O mércores día 9 comezamos a andanza @s lector@s de cómic. Logo de falar dos títulos que temos pensado ler ao longo do curso, decidimos comezar por El héroe, do ourensán David Rubín


Nada máis abrir o libro xa nos enganchou a súa forma de debuxar e colorear e estabamos desexos@s de comezar a lectura, pero aí estaba a nosa compañeira Iria para lembrarnos que, antes, tiñamos que mergullarnos un pouco na mitoloxía, xa que os dous libros contaban os doce traballos de Hércules ou Heracles.

Ese día investigamos, comentamos sobre a mitoloxía grega e latina e démonos conta que coñeciamos moitos deuses e deusas, pero dos doce traballos de Hércules non tanto.



A primeira xuntanza serviunos para ver como trata David Rubín o primeiro traballo de Heracles ou Hércules: O león de Nemea.

Manterémosvos informad@s.