Boas a tod@s!
@s amantes da narrativa, teatro e poesía comezamos a nosa aventura lendo O colar de bágoas, escrito por Franca Perini, ilustrado por Anna Pedron e traducido ao galego por Xosé Ballesteros.
Unha vez máis sorprendeunos a lectura e fíxonos lembrar o comezo do ano pasado... Por iso, pedímoslle a Aroa que volvera iniciar esta andaina coa súa voz e así animar e darlles a coñecer @s nov@s compañeir@s o noso ritmo.
Non fixo falta insistirlle moito...
Paramos a lectura no momento no que a protagonista recollía unhas bágoas que falaban das árbores desaparecidas...
Aquí tedes unha mostra dos dous primeiros días de traballo.
Volvemos á historia do libro e falamos das bágoas que deixaría no camiño para que fosen recollidas polas demais persoas...
Unha das novas "lectoras e andantes" puxo voz á súa conclusión, que veu ser a que tiñamos tod@s.
Ao ler o final do libro, non nos sorprendeu que chegaramos á mesma conclusión que a autora.