Aquí volvemos os amantes do cómic!
Como xa sabedes estamos con El heroe de David Rubín e hoxe comezamos a lectura do libro, xa que na anterior sesión tocou investigar algo sobre mitoloxía. Cando dicimos algo é porque hoxe tamén tivemos que buscar información, aínda que a nosa compañeira Iria sempre nos daba unha pista para facilitarnos o camiño.
Detivémonos bastante nos "alucinantes" debuxos, porque non queriamos pasar por alto nada de nada.
Detivémonos bastante nos "alucinantes" debuxos, porque non queriamos pasar por alto nada de nada.
Lemos e vimos como debuxou Davíd Rubín o nacemento de Heracles e Euristeo. Quen foi o primeiro en nacer? Procurade buscar a resposta porque vos axudará a entender a historia.
|
E comezaron a saír nomes: Hera, a que nós rematamos por chamar, "a deusa das deusas"... En fin, que fomos pasando páxinas e chegamos ao momento en que a acción se desenvolvería en Nemea.
|
E así demos por concluída a sesión de hoxe.