O xoves 30 de outubro celebrouse o Samaín no noso centro, unha das actividades promovidas polo EDLG e a biblioteca nas que partcipamos @s membros do club de lectura, foi a de traer doces "terroríficos" mais as receitas escritas en galego. Aquí vos deixamos as fotos para que vexades a pinta que tiñan!
Nós non só participamos senón que unha das nosas "lectoras", Amani, levou un premio outorgado por un xurado formado por profes e alunmnado de FP Básica. Como ese día coincidía cunha sesión do club de lectura, no tempo de lecer fomos á biblioteca á entrega de premios e logo á aula onde nos reunimos o club e estabamos tan contentas polo premio de Amani que quixemos inmortalizar o momento cunhas fotos.
Con actividades coma esta lógrase implicar ao alumnado e a fortalecer vínculos, aproveitando ademais a celebración dunha tradición galega, que pouco a pouco imos recuperand,o como é o Samaín (aínda que sexa con influencias do Halloween americano).
Non podemos esquecer que temos tradicións propias que coñecer e valorar!







