O EDLG e o club de lectura estivo preparando unha actividade para commemorar o 25N e facernos reflexionar sobre a falta de igualdade entre homes e mulleres aínda hoxe en día.
Preparouse previamente o Taboleiro da lingua con imaxes relacionadas con este día e o co lema "NON ESTÁ BEN". Logo o 25 de novembro diferentes grupos nas clases de Lingua fixeron reflexións sobre a falta de igualdade entre os dous xéneros, sobre o machismo e micromachismos, sobre os teitos de cristal, as relacións tóxicas de parella... con estes temas sobre a mesa, a rapazada fixo as súas propias reflexións nunha folliña de papel e logo puxéronas no taboleiro. @s membros do club tamén fixeron as súas aportacións.
Nas imaxes vemos o grupo de 3º ESO PDC colocando as súas reflexíóns no taboleiro.
Grazas a tod@s pola vosa implicación e por deixar patente que seguimos andando camiño á igualdade real, pero aínda quedan pasos por dar.



