Un ano máis chegou a época do medo e o noso centro foi posuída polo espírito do Samaín.
Aínda que cada vez parece ter máis influencia de culturas estranxeiras, o Samaín ten as súas raíces na nosa cultura e non está de máis lembralo.
No centro houbo diversas actividades para festexar esta data tan "terrorífica"
Ademais de concursos temáticos na biblioteca e magosto no patio, houbo concurso de coreografías relacionadas co Samaín. Foi no salón de actos e xusto na entrada había un "photocall" onde a rapazada puido facer as súas fotos, aquí podedes ver o alumnado de 3º PDC entre reixas:
Photocall Samaín (3º PDC) |
No salón de actos o alumnnado de 2º ESO asistiu á proxección da película Beetlejuice.
Momento da proxección do filme Beetlejuice |
Logo da sesión de cine chegou o momento do concurso de coreografías do Samaín, os grupos participantes pertencían a 2º ESO e exhibiron nel os seus dotes para o baile. Aquí tedes algúns dos momentos das actuacións
Momento da entrega de premios |