Xa vos informamos que o grupo de contacontos dos clubs de lectura compartiron o Día da Paz coa rapazada do CEIP Albeiros. Agora queremos contarvos como o vivimos no centro, pero non só ese DÍA, porque foi un traballo que estivemos preparando con anterioridade e co seguimos concienciados/as todos os días.
Frases, poemas, carteis, deseños, contos...
Comezamos con frases que elaboraron Aroa, Izan, Antonio Y., Cristiana, Lucía, Jonathan, Mario e Yasin (1ºESOC) co fin de lembrar que:
A PAZ É A MELLOR MANEIRA DE DEMOSTRAR O AMOR.
ES FELIZ SE FAS FELICES AOS DEMAIS
O RESPECTO É O QUE DEBE MOVER OS CORAZÓNS.
Corazóns puros e sinceros.
Mundo libre e sen violencia.
Amizade verdadeira e compartida.
Cae a choiva
Sae o sol
Resplandece un arco iris
E
CHEGA A POMBA VOANDO
LEMBRANDO QUE A PAZ ESTÁ REINANDO.
No seguinte audio podedes escoitar todas as frases e o poema nas voces dos seus/súas autores/as.
Deixámosvos cos contos que escribiron e aos que lles puxeron voz o alumnado de 1º e 2ºESO. Así é como eles e elas senten A PAZ.
Rafael (2ºESO) e A pomba mensaxeira.
Pablo (2ºESO) e Os dous elefantes.
Nicolás (2ºESO) e O neno prodixio.
Lidia (1ºESO) co seu conto da paz.
Diego (2ºESO) Os días da paz.
Daniel (2ºESO) O libro esquecido.
Charo escribe a súa historia sobre a paz e ponlle voz a súa compañeira Sabatieli (1ºESO)
Antonio Adonai (1ºESO) escribe e ponlle voz á súa historia sobre a paz.
Ana Sofía (2ºESO) e a súa historia sobre a PAZ.
E para rematar esta entrada, deixámosvos co mural que realizaron as compañeiras de 2ºPEIEST para lembrar este día.
Como pensou o alumnado de 1ºESOC, LEMBRÁMOSVOS: