Xa hai varios días que estamos traballando para lembrar que xa imos moi fartos e fartas de ter que seguir dicindo
a esta violencia e a todo tipo de desigualdades e inxustizas. A nosa compañeira Anum realizou o deseño que nos acompaña dende hai días no noso traballo.
Polo momento, quéremos deixarvos coa letra que compuxo Antonio Y. (1ºESO) e foi interpretada por el mesmo e os/as seus/súas compañeiros/as para que vaiades lembrando o texto e poder cantalo todos e todas xuntos/as o venres.
E para ir ensaiando, deixámosvos co audio (base Lil Alone) que gravaron.
Todos e todas seguimos amosando o noso descontento por este tipo de violencia, por iso foron moitos os traballos que realizamos e propoñían dende A BIBLIOTECA, O EDLG, O CLUB DE LECTURA...
- Investigamos o motivo que levou a decidir elixir a data do 25 de novembro como o Día Internacional da eliminación da violencia contra a Muller, e tamén sobre a orixe da cor morada que o acompaña.
- Elaboramos haikus que lembraban a nosa investigación e transmitían as nosas sensacións.
- Compuxemos cantigas baixo o lema "PORQUE XA NON ESTAMOS NA IDADE MEDIA".
- Deseñamos carteis (decidimos deixar a imaxe de Rosalía de Castro porque ela segue guiando o camiño a moitas MULLERES).
- Realizamos un concurso de deseños para facer chapas e eliximos os catro máis votados. O día 25 de novembro todos e todas collemos unha para amosar o noso compromiso.
- Logo dun traballo de investigación, os/as nosos/nosas compañeiros/as de FPBásica realizaron murais baixo o lema: NON SON CIFRAS SON VIDAS!"
- Elaboramos frases e mensaxe contra esta violencia en moitos idiomas e, grazas á colaboración dos/das nosos/nosas compañeiros/as, tamén en caló.
- Gardamos un minuto de silencio ás 12:00h e logo reflexionamos escribindo e comentado.
AGARDAMOS QUE ESTA VIOLENCIA REMATE XA!!!