A actividade que organizou o departamento de lingua e literatura galega fixo que, integrantes dos clubs de lectura, pudieramos asistir ás Rutas Literarias polo Museo de Lugo e compartir a experiencia cos/coas nosos e nosas compañeiros/as.
Lemos Contos de fantasmas e algún dos catro relatos fixéronnos pensar e investigar polas referencias que aparecían neles. Lida a obra estabamos desexando que chegase o día. E foi hoxe.
Aquí vos deixamos cunhas imaxes que amosan que a lectura sempre abre camiños, descobre novos mundos e anima a compartir.
Nada máis chegar tivemos que facer catro grupos, un por relato.
E comezou a aventura que nos levou a percorrer e coñecer o museo dun xeito diferente e enriquecedor.
Tiñamos que ir contra reloxo, xa que o tempo estaba marcado. A sala 16 agardábanos para coñecer o resultado final. Alí saberiamos quen fora o grupo que amosara máis pericia á hora de responder as preguntas e se convertera en gañador.
E este foi o grupo: PARABÉNS!!!
Vale, non imos falar de... porque todos e todas saímos máis ilusionados/as do que entramos.