mércores, 23 de febreiro de 2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2022

Encantounos a actividade que promoveu a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e decidímonos  a plantar os #SementadePensamentos (Pena de non telos cando os fomos comprar, pero estarán). 

Sementamos durante días lembrando a semente que plantara Rosalía de Castro e paseniño fomos facendo que foran visibles en todos os espazos do centro, e en todos os nosos corazóns, as ilusións que nos facía mover a nosa Rosalía.




"Dándolle reviravoltas

cal fan aqués que non saben...

fomos rematando o mural dos nosos pensamentos, das nosas palabras para lembrar a Rosalía, á nosa Rosalía, á nosa PRECURSORA.


Tocaba o tempo de darlles voz ás súas palabras e decidimos comezar, á primeira hora da mañá, lendo poemas de Cantares gallegos e Follas novas nas voces do alumnado de 2ºESO. (Agardamos poder compartir os audios das súas lectura o máis pronto posible.) 


No tempo de lecer, compoñentes do club de lectura leron o manifesto de Beatriz Maceda Abeleira (AELG) para lembrar que a NOSA ROSALÍA SEGUE EN NÓS. 



Seguiron outras voces... pero será mañá, 24 de febreiro. 

"Din que non falan as plantas, 
nin as fontes, nin os paxaros,
nin a onda cos seus rumores,
nin co seu brillo os astros.
Dino, pero non é certo...."
PORQUE TI SEMPRE NOS FALAS, ROSALÍA!!!

Aquí van pensamentos e ilusións, grazas a ti. 

Para despedirnos por este ano, deixámosvos co poema que pecha Cantares Gallegos, elixido por Sara para o recital poético.