luns, 4 de outubro de 2021

REGRESA: LECTURAS E ANDANZAS I, II !

Ola a todos e a todas!

Xa nos tardaba volver retomar as nosas lecturas e andanzas para compartilas con vós. 

Comezamos este curso animados e animadas por un novo proxecto que estamos, por fin,  facendo realidade:  DAR VOZ Á "RADIO LLAMA", a radio escolar que será a transmisora de moitas andanzas. 

Nestes primeiros días de curso decidímonos, con axuda dun experto profesor (grazas Tano), a poñer en funcionamento o equipo co que contamos (pronto chegará a "mesa de mezclas"...),  escoitar se os altofalantes ían ben (xa pedimos outro para colocar nun dos patios), familiarizarnos cos micros, perderlle "medo" a falar en público... Sabemos que todo isto mellorará cando teñamos o obradoiro que nos ensinará o manexo deste "novo mundo"; pero mentres,  aquí estamos os/as valentes para amosar que a nosa radio escolar xa está en marcha. 

Presentámosvos ao equipo que comezou coas emisións e agradecémoslles a súa colaboración a Daniel e Pablo (técnicos de son e locutores); Uxía, Naiara D., Naiara F., e Sara P. (locutoras) e a todos os que estivestes  informándonos se a voz de Radio Llama se escoitaba no centro. 


Mentres non realizamos o taller de audio, para saber elaborar correctamente os podcast e outras cousiñas, deixámosvos coa información que transmitimos hoxe para dar a coñecer as lecturas que realizaremos nos clubs de lectura, o horario e outras cousas. (Que saibades que  os nervios do directo fan que as nosas primeiras intervencións amosen dúbidas na pronunica, pero non creades que é fácil. Convidámosvos a probar en directo. AGARDÁMOSVOS!). 


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!! NESTES CLUBS DE LECTURA SON MOITAS AS ANDANZAS QUE NOS AGARDAN!!!!