No club de narrativa comezamos a semana pasada coa obra de Rocío Leira, A afogada e hoxe tocaba continuala. Xa sabedes que este curso queremos utilizar a radio escolar, Radio Llama, para transmitir a todos e todas o noso gusto pola lectura e que se vaian unindo a nós, xa que as andanzas son moitas e as historias que agochan os libros, sempre unen.
Como nos reunimos na hora de recreo, agardamos un pouquiño ata que cheguen os/as lectores e lectoras, é que mellor espera que seguir compartindo o noso gusto por crear!
Se escoitades o audio, saberedes a que nos referimos...
Gústanos compartir, pero cando toca mergullarse na historia preferimos facelo así.
Ata pronto!