Todos e todas estabamos ansiosos por comezar a ler este libro que unía a arte do graffiti e a poesía. Pero a quen se lle ocorre fotografar un graffiti e poñerse a compoñer? POIS A FRAN ALONSO, claro está!
Como somos moit@s aos que nos gusta esta ARTE estabamos desexando comezar a ler Street poems e o final resultou moi gratificador, porque... Que mellor que compartir algunhas opinións para coñecer os motivos!
Izan recomenda a lectura de Street poems, obra de Fran Alonso, a aquelas persoas que lles guste a poesía e os graffiti, tanto coma a el.
Estíbaliz, amante da poesía e da ilustración, opina tamén de Street poems.
Rematamos coa opinión de Sara e Carla sobre esta obra.
GRAZAS, FRAN ALONSO por escribir esta obra! Grazas a ti, "@s lector@s e andantes" emprenderemos novas aventuras.