sábado, 6 de marzo de 2021

CONCURSO NOVOS TALENTOS DE RELATO CURTO DE COCACOLA

Son as 10:45h do día 5 de marzo. Ana, a profesora de Lingua galega e literatura, comeza a petar na porta de 2ºESOA, 2ºPMAR e 2ºESOC para requirir a presenza de Sara, Anum e Alba co fin de dirixirse á aula de tecnoloxía, onde pasarían unhas horas dedicadas ao que lles gusta: ESCRIBIR. 

As concursantes ocuparon os postos dos ordenadores, onde fixeran as probas os días anteriores, e comezaron a "navegar" introducindo o enlace que as levaría a participar no concurso Novos Talentos de Relato Curto de Cocacola. 


Logo duns momentos de tensión... Momentos de incerteza xa que non cargaba a páxina... Conseguiron introducir os seus datos, o contrasinal e acceder ao concurso en PRAZO. 
Nada máis ler o "ESTÍMULO CREATIVO" que se propoñía este ano, Sara, Anum e Alba deixaron que a súa imaxinación e creatividade guiaran os dedos no teclado, aínda que antes tomaron notas para...
 



(Unha pena non poder ler as súas creacións, porque sabemos que estarían cheas de historias que nos transportarían ata...) 

Rematado o tempo, só quedaba GRAVAR E FINALIZAR. 

A experiencia foi gratificadora para as representantes do IES Muralla Romana, e aínda máis cando puideron descargar o diploma que as acreditaba como concursantes nesta aventura. 

Aquí vemos a Sara neste momento: 
A Anum

E a Alba


QUE SORTE TEMOS DE CONTAR CON PERSOAS COMA VÓS! PERSOAS ÁS QUE LLES GUSTA ESCRIBIR E COMPARTIR COS DEMAIS AS SÚAS CREACIÓNS!

PARABÉNS, SARA, ANUM E ALBA! PARA NÓS, SODES UNHAS AUTÉNTICAS GAÑADORAS!