É difícil esquecerse do Día de Rosalía cando esta escritora deixou unha pegada tan fonda na nosa cultura, e unha obra- aínda hoxe- de plena actualidade. Seguro que nestes momentos que nos tocou vivir, dende xa vai para un ano, Rosalía diría:
Nós, como representantes da mocidade, queremos achegar os versos finais do seu poema "Alborada" para amosar que temos a ilusión e enerxía que a Rosalía lle gustaría ver e sentir.
E así, con esta enerxía e ilusión, decidimos lembrar a autora realizando uns marcapáxinas coa súa figura para que nos acompañasen sempre nas nosas lecturas (sen esquecer incorporar, como compañeiro inseparable de Rosalía, un libriño. Un libriño que levaría escrito uns versos ou poemas das súas obras).
Todo isto puidemos realizalo grazas á colaboración de Marta Acebo Goy, que nos impartiu o taller e tivo toda a paciencia do mundo para que puideramos honrar a Rosalía como se merece e estar orgullos@s dos nosos traballos.
Aquí vedes o resultado final. Seguro que a Rosalía de Castro lle gustarían tanto coma nos gustaron a Marta e a nós.
Antes de rematar, queremos seguir demostrando que Rosalía está de plena actualidade, porque foi unha muller adiantada ao seu tempo. Como pronto se vai celebrar o Día Internacional da Muller, lembramos que esta escritora XA reivindicou a presenza da muller en todos os ámbitos da sociedade e a igualdade de xénero.
Se queredes informarvos, podedes ler as súas novelas, os prólogos das súas obras e mergullarvos en moitos dos seus poemas.
Despedímonos cos versos que aparecen no poemario "Vaguedás" de Follas Novas para facervos pensar un pouquiño.
GRAZAS MARTA POR FACERNOS LEMBRAR A ROSALÍA DE CASTRO E AMOSAR QUE SEGUE ESTANDO PRESENTE.