Aquí seguimos facendo o que nos gusta: LER E COMPARTIR!
Para facilitarvos a escoita das nosas opinións sobre as lecturas creamos esta nova entrada, aínda que vos lembramos e aconsellamos premer na etiqueta "as nosas lecturas" deste blog para escoitar as nosas recomendacións que, seguro, vos axudarán a medrar dun xeito gratificador.
Continuamos coas recomendacións.
Yoel (3ºESOA) recomenda a lectura de Núñez Singala, Comedía bifida. Se vos gusta o teatro, o tema lingüístico...
Naiara (1ºESOA) recomenda a lectura da obra de Rosa Aneiros; Xelis, o guieiro das botellas de mar, para todas as persoas concienciadas co medio ambiente.
Claudia (1ºESOA) achega a súa opinión sobre a obra de Héctor Cajaraville, O segredo da casa de Formoso.
Izan recomenda a lectura de Street poems, obra de Fran Alonso, a aquelas persoas que lles guste a poesía e os graffiti, tanto coma a el.
Estíbaliz, amante da poesía e da ilustración, opina tamén de
Street poems.
Pablo achega a súa opinión sobre a obra de X. A. Neira Cruz, O enigma do baúl pechado para animarvos a lela.
Finalizada a lectura da obra de Paco Martín, A rula o peluche e a nena, Carolina e Uxía queren compartir con todos vós a súa opinión para animarvos a pasar uns momentos agradables cando a leades.
Aquí está a opinión de Uxía
E agora, deixámosvos coas palabras de Carolina.
Chega o tempo do misterio e Iria (1ºESOA) dá a súa opinión sobre a obra de Xabier P. Docampo, O misterio das trece badaladas, para animarvos a lela.
Seguimos coa opinión de Hugo (1ºESOA) sobre a obra de Pepe Carballude, De como o Santo dos Croques se fai peregrino. O personaxe que destaca é o anxo trompeteiro porque era un traste. Deixámosvos coa gravación.
E agora é Daniel o que anima a ler esta obra de Pepe Carballude.
Aquí tedes a opinión de Ainara sobre esta lectura.
Victoria achegouse a temática que reflicte María Reimóndez na súa obra, Corredora e esta é a súa opinión sobre a lectura.
Cambiando totalmente de temática, Alexandre (3ºESOA) recomenda a lectura da obra de Rosa Aneiros, Resistencia. Esperamos que as súas palabras vos animen a lela.
Lorena (3ºESO) recomenda a lectura de Jordi Sierra i Fabra,
O caso do chantaxista roibo.
José Ramón (3ºESO) fala de O Enigma de Caronte, obra de Carlos Vila Sexto co fin de animar a tod@s @s lectores que lles guste o misterio á súa lectura.
Brais (3ºESO) achega a súa opinión sobre Mar de cores, obra de Begoña Martín e Paloma García, co fin de animar a todas as persoas que, coma el, estean interesadas en temas que fomenten a igualdade, a xustiza, a procura da felicidade... En cada un destes relatos veredes como se vos esperta o sentimento de solidariedade, tan preciso no mundo que vivimos.
Lucía (3ºESO) recomenda a lectura da obra de María Solar, As meigas de Lupa a todas as persoas que lles gusten os temas que... descubriredes escoitando as súas palabras.
Noemí achega a súa opinión sobre esta obra de María Solar co desexo de animarvos a lela.
Xa vedes que imos rematando o curso, pero as nosas gañas de ler seguen estando presentes. Aquí vos deixamos coa opinión que Naiara (1ºESOA) compartiu con nós da lectura de Penúltimas tendencias do escritor, Carlos Negro. Agardamos que escoitedes a súa recomendación e vos animedes.