Hoxe comezamos o cuarto capítulo de El héroe, que nos sorprendería cun novo traballo do lendario Heracles.
|
|
Despois de ler a captura da cerva de Cerinea decidimos que xa podiamos esperar todo deste cómic, é dicir, que David Rubín faría das súas outra vez para deixarnos pampos a tod@s.
Uff...! se vos digo máis xa conto o libro, e daquela non tería graza! Pero o que si podo dicir é que nos segue deixando a tod@s engaiolad@s o seu xeito de ver a mitoloxía.
Este cuarto capítulo trata, como non, do xabaril de Erimanto. Os comentarios sobre o traballo anterior coméronnos medio recreo, pero deunos tempo a avanzar até a terceira páxina da nova aventura. Como diría a nosa coordinadora principal: " ídevos deitar!" -con face de desaprobación suprema-, se nos vise así de paroleir@s. Menos mal que nos puxemos en serio cando chegou >~<. Pero é o que teñen os bos libros: dedícaselles tempo, e @s lector@s sempre temos unha morea de curiosidades e preguntas, logo da lectura dos relatos.
De momento estamos xusto na escena na que o descomunal xabaril, despois dunha loita afouta, cae na artimaña ideada polo heroe. Heracles apúntalle coa súa espada directamente ao corazón. Vaino matar... ou non?
Soa o timbre, a dúbida bate con forza no caletre... Saberémolo todo o vindeiro mércores. Non vos faremos agardar!
Iria Liñares