O día 20 de xuño será unha data que non esqueceremos nunca @s compoñentes dos clubs de lectura "Argalleir@s das letras" e nós, "Lecturas e andanzas", porque nos lembrou o valor da amizade e o motivo que fixo xurdir esta maxia entre tod@s: O GUSTO POLA LECTURA.
Non queremos cansarvos porque sabemos que estades/ estamos desexando gozar das "merecidas" vacacións, por iso só vos diremos- a xeito de "cablegrama visual"- como foi este día:
Recibimento d@s argalleir@s das letras no IES Muralla Romana. Percorrido polo centro e entrega de agasallos.
Dirixímonos, camiñando, ata o centro histórico da cidade para que a coñecesen ao noso xeito. Percorrido polo adarve da muralla e, ao rematar, comezo do XOGO: COÑECENDO LUGO EN 45´. Canto corremos! Canto coñecemos da nosa cidade! Canto nos axudaron a coñecela @s nos@s amig@s pontes@s!
Para que queremos un plano, cando existe google maps?
Pois tivemos que guiarnos por el!
CONTENT@S DE FINALIZAR O XOGO!!!
Tempo libre para comer e falar entre nós ata agardar a visita a Domus do Mitreo.
Con tristeza, chegou a hora de despedida.