É o momento de dar a coñecer o veredicto do I Concurso de marcapáxinas organizado
polo Grupo da Biblioteca do centro.
As bases do concurso recollen que só haberá un/unha único/-a gañador/-a, e o xurado é o primeiro en respectalas; pero, neste caso, decide outorgar un ÚNICO PREMIO a tres marcapáxinas, xa que unindo as súas mensaxes transmiten a maxia coa que nos agasallan os libros.
Isto foi o que levou o xurado a emitir o seu veredicto:
Pasamos a nomear as gañadoras, respectando a orde da mensaxe que fixo ao xurado chegar a tomar esta decisión. Lembramos que todas obtiveron o 1º PREMIO.
Manterémosvos informad@s da entrega de premios e da “sorpresa” que lles agarda ás gañadoras.
PARABÉNS a Candela, Nahir e María por facernos lembrar a mensaxe que agochan as lecturas!
|
|
|
MOITAS
GRAZAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR!