xoves, 30 de abril de 2026

LECTURAS CON COMPROMISO

 No mes de xaneiro estivemos lendo o libro Neko de Eva Mejuto, é un libro curtiño e fácil de entender; e a nós gustounos moito. 

Toca un tema que supón unha lacra para a nosa sociedade como o é a violencia de xénero; a medida que iamos lendo iamos reflexionando sobre o  impacto que ten  estan violencia on só  na vida das mulleres  senón para a familia enteira, sobre todo para os nenos como é o caso da protagonista do libro, Xoana. Esta nena fainos ver desde os seus ollos que comportamentos que a miúdo se normalizan son en realidade comportamentos violentos contra persoas moi cercanas.

Tamén este libro nos levou a reflexionar sobre dous puntos máis: a existencia doutras mulleres dispostas a axudar  ás outras que o están a pasar realmente mal e o apoio de mascotas que son moito máis que animais de compañía como o caso de Neko, o canciño que ó o gran confidente de Xoana.

Que este libro se titule Neko fainos entender a importancia dos animais; isto levounos no club a falar das nosas mascotas, da importancia que teñen para nós; da importancia de cuidar dos animais e de toda a natureza en xeral. E relacionda con este tema estabamos preparando unha saída do centro moi emocionante da que vos daremos conta na próxima publicación. 


Libro Neko de Eva Mejuto

Momentos do club de lectura



 Momentos do club de lectura