O 21 de marzo celebramos o Día da poesía e o club de lectura uniuse a esta celebración. O taboleiro da lingua estaba preparado para acoller as nosas creacións, así que puxñémonos mans á obra.
Fixemos composicións colectivas mediante a técnica do cadáver exquisito. En folios de cores, que representaban a nosa diversidade, comezamos con dous versos escollidos de poetas de renome da literatura galega ao que lle iamos engadindo cada un de nós dous versos máis e dobrabamos o papel de xeito que só o seguinte "poeta" que lle tocaba escribir vise o último verso.
Quedáronnos poemas moi surrealistas, diso se trataba, nos que deixamos recollida a nosa imaxinación e inventiva. Logo de rematalos, lémolos e logo puxémolos no taboleiro da lingua para que puidesen lelos os outros compañeiros. Aquí vos deixamos a imaxe do colorido tapiz que nos quedou.
Nesta actividade uniuse tamén alumnado de 1º ESO B e C e 3º ESO A.