O xoves 18 de xaneiro estivo con nós o doutor Ángel Carracedo impartindo unha charla co título "Pescando xenes".
Aprendemos moito con el, achegounos ao seu traballo dunha forma tranquila e amena. Deixounos ver a importancia do seu labor e a súa inmensa repecusión na nosa sociede. Tamén con moito humor e cariño abriunos a porta de anécdotas do seu ámbito persoal.
Tamén puidemos descubrir que é unha persoa cercana e prestouse para contestar unhas preguntas nunha entrevista que lle fixeron o alumnado da materia de Bioloxía de 2º BAC para Radio LLama
Perdoade polo ruído de fondo, é o que ten gravar entrevistas na cafetería.
Esperemos que vos pareza interesante toda a información que nos transmitiu. Grazas, doutor e gran
Se queredes escoitar a charla, está subida na páxina web do centro. Seguro que vos parecerá moi interesante!!
Deixámosvos aquí o enlace: Charla Ángel Carracedo