mércores, 19 de abril de 2023

CREAMOS E GOZAMOS CON EMMA PEDREIRA

Hoxe visitounos Emma Pedreira, poeta, narradora e escritora que recibiu numerosos premios polo seu labor; e hoxe démonos conta de que son poucos, porque o que transmite, o que leva dentro, é algo que non ten recoñecemento xa que a maxia que encerra o seu corazón é difícil de premiar. 

Os/as compoñentes dos clubs de lectura gozamos do taller que impartiu a "nosa amiga"  Emma e achegámonos (grazas a ela), unha vez máis, á CREACIÓN, sentíndonos escritores e escritoras. Comezou preguntándonos os nosos gustos literarios, se nos gustaba a poesía... Descubriunos o mundo das cartas, xogamos coas palabras, coas figuras literarias, creamos versos, historias... e abriunos camiños para sabelos continuar. 

Nas imaxes podedes ver como se desenvolveu o obradoiro. 









Todos e todas quedamos reconfortados/as con este tempo que compartimos con Emma Pedreira, pero non podía marchar sen concedernos unha entrevista para a radio escolar, Radio Llama, e así coñecela un pouquiño máis. 

Aquí tedes uns momentos fotográficos da entrevista, na que participaron Pablo, Uxía, Dani, Naiara, Anum, Yasmin e Desi en representación dxs compañeirxs do club. 



Deixámosvos co audio da entrevista para que a gocedes tanto coma nós e descubrades segredos que vos axudarán a mergullarvos na creación e na lectura. 

Grazas, EMMA por achegarnos a maxia que agocha a creación literaria e facérnola máis accesible.