luns, 13 de xuño de 2022

DÍA DAS LETRAS EN CÓRGOMO

Hoxe saímos do instituto en dirección a Córgomo, aldea na que naceu Florencio Delgado Gurriarán, para coñecer a paisaxe e os lugares que estiveron presentes na súa vida e obra. Non imaxinamos que a saída estaría marcada por fenómenos meteorolóxicos (altas temperaturas) e outros "persoais" que afectaron ao plan previsto; pero, como bos e boas andantes, soubemos volver ao destino con experiencias novas e enriquecedoras. 

O noso primiero destino foi visitar as Ermidas , lugar onde nos esperaba José, o guía que nos explicou a historia deste santurario. Chegamos, pero a estrada non foi moi fácil... e a subida ata alí...  (Que ben estariamos en Cérceda!) 





Logo de coñecer a historia das Ermidas, o próximo destino era Córgomo. Tiñamos previsto un  guía para que nos acompañase pola aldea e nos ensinase algunha cova característica da zona; pero, por motivos que todos e todas entendemos, non puido ser. Non pasa nada, somos andantes e chegamos ata Córgomo. Baixamos do autobús e a calor xa apretaba. Non había nin un local aberto onde tomar unha auga...  Tan pronto nos viu unha veciña da aldea achegouse ata nós e brindouse a facer de guía. Levounos por toda a aldea, ensinounos a casa  onde nacera e na que vivira "DON FLORENCIO"(así é como o chaman), os murais que realizaran na súa lembranza, a decoración das casas e parouse na que pintara o seu curmán, onde aproveitamos para falar un pouco de literatura. Dámoslle as grazas a esta veciña por achegarnos Córgomo tal e como realmente é  e foi o que viviu Florencio. Só unha persoa que vive alí sabe falar do seu lugar, só falando con elas podemos escoitar frases como a que nos dixo outro veciño: "Nunca puidemos pensar que Córgomo chegara a ser o que é". 




Para que vexades como coidan a aldea de  Florencio. 







Porque Florencio era o poeta "Do viño e da viña" e levou sempre Córgomo con el. 

Próxima parada, o malecón de O Barco de Valdeorras para comer e logo coñecer o zona vella da cidade. FRUSTRADO plan polas altas temperaturas! 



Como era inviable esta camiñata pensamos en ir cara á Ribeira Sacra, pero a onde queriamos ir non chegaba o autobús. Pensamos noutros destinos: Sarria, non nos convenceu...,  chegamos  ao Corgo (por algo empeza pola mesma sílaba de Córgomo) e puidemos refrescarnos un pouquiño. 




Ai, don Florencio, que día vivimos de calor na túa terra! Pero coñecemos onde naciches e compartimos momentos que, grazas a ti, quedarán en nós. 

Quen nos ía dicir que iamos aprender tanto na viaxe de autobús...!

Deixámosvos co vídeo que lembra este día: