Hoxe, día 15 de xaneiro, a lectora e andante, Anum entrevistou a autora do libro Alma perdida, Laura Fernández, quen resultou ser compañeira, xa que estuda no noso centro. (Que pequeno é o mundo!)
Nada máis rematar a lectura de Alma perdida, Anum brindouse a falar, opinar e a identificarse coa temática que se reflicte nas súas páxinas. Desexaba coñecela en persoa, facerlle unha entrevista, porque ninguén mellor que a autora podería responderlle a todas as preguntas que lle rondaban pola cabeza. Conseguiu contactar con ela e pediulle a Laura se podía concederlle uns minutos para seguir compartindo as súas experiencias, e aí comezou todo...
Antes de deixarvos coa entrevista, queremos agradecerlles, tanto a entrevistada- xa que o libro está escrito en castelán- como a entrevistadora -por non ser nin española nin galega de nacemento- que empregaran a lingua galega para coñecerse un pouquiño máis.