xoves, 2 de abril de 2020

PALABRAS PARA A CORENTENA

Ola a todos e a todas! Aquí vos deixamos unhas palabras, a modo de haiku ou de texto, na que podedes ler as nosas sensacións ante esta situación que estamos vivindo. Aproveitamos para darvos ánimos e lembrarvos, unha vez máis: QUE HAI QUE QUEDAR NA CASA! Só así poderemos volver vernos pronto.






E agora uns textos para lembrarvos o que xa sabedes!

Xa sei que permanecer estes días, semanas... na casa é aburridísimo, pero non alarmarse, para que? Ademais estou segura de que ter medo sobre a situación non é nada bo psicoloxicamente. Estou de acordo en que debemos ter precaución, porque non é tanto coma unha gripe, pero tede paciencia!

Se imos ter que estar un tempo na casa, levarémolo mellor se estamos tranquilos, se tomamos as máximas precaucións  e evitamos saír se non é preciso. Pero non só por nós mesmos, tamén polas persoas que teñen máis risco ca nós.

E por que non debedes alarmarvos? Porque o COVID-19 é menos perigoso que as enfermidades coma o cancro, o ébola... O problema que ten é o seu alto risco de contaxio. Entón, debemos permanecer na casa para non producir máis contaxios, porque canto máis se estenda o virus máis risco de mortos haberá, xa que si é verdade que ten un índice de letalidade maior ca unha gripe. Pero tranquilos, que de todo isto sairemos, estou máis que segura!

É IMPORTANTE NON PERDER A PACIENCIA! 

Sara P. 1ºESOB


Ola! Quérovos dicir moi seriamente que é mellor quedarse na casa, sobre todo polo gran valor de coidar os nosos avós, que son os máis desprotexidos. Pola xente valente que ten que traballar fóra, por exemplo, miña nai é moi valente, xa que ten que ir todos os días traballar ao hospital. Sei que leva un gran medo, pero ela intenta minorizalo para non preocuparnos. Temos que ficar na casa tamén pola xente dos supermercados, por todos eles e elas, por min, por ti e por todos: QUEDA NA CASA!

Jairo 1ºESOB


Isto da corentena e o coronavirus é máis grave do que parece. Aínda que non sexa tan grave coma outras pandemias e epidemias, segue sendo moi preocupante, máis que unha gripe, como din algúns. 
Nós debemos traballar e axudar para ir en contra deste virus, como recomendan os médicos que tanto nos axudan. 

Non hai que ser sapientísimo para decatarse do que pasa. Débeste quedar na casa polo ben dos teus familiares e amigos, por isto #quédatenacasa#, porque tamén podemos facer esta corentena divertida.

Cando isto remate atoparémonos contentísimos!

Bieito, 1ºESOB 


#QuédateEnCasa, #EuMeQuedoEnCasa. Moito hashtag, pero a xente que non o cumpre. É importantísimo cumprir a corentena, tan fundamental como lavar as mans e non tocar os ollos, o nariz e a boca.

Non viaxes, salvo se é imprescindible. É conveniente que manteñamos as distancias de seguridade cando imos á compra, por exemplo. Un ten que ser responsable das súas accións. Antes de saír á compra poderiámonos preguntar, de verdade precísoo xa? Se todos somos tan responsables como deberiamos, poderemos frear os contaxios.

Aínda que na corentena faga un tempo moi bo e dean ganas de saír á rúa, debemos aguantarnos. Aguanta polos teus, polos demais e por ti!

Iria R. (1ºESOB)