Como xa imaxinaredes, hoxe achegámonos ao club de lectura decidid@s a continuar lendo Nada de Janne Teller. Todo preparado.
Pero como había moito traballo por facer e queriamos amosarlle, dende este momento, a Pierre Anthon que nós non estamos de acordo con iso de que Nada importa NADA. PUXÉMONOS MANS Á OBRA! Porque o día 25 de novembro, SI QUE NOS IMPORTA!
Continuamos facendo lazos.
|
|
E fixemos e fixemos... para colocalos... ( pronto teredes noticias)
Mentres outr@s poñiámoslle voz ao rap que compuxeron @s nos@s compañeir@s de 1ºESOB e compartiron con nós. Foi o primeiro ensaio, houbo que buscar base, acoplar voces... Pero orgullos@s por cantar esta letra.
RAP CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Odio cando escoito que fas dano
é inxusto que uses o maltrato
simplemente por egoísmo
que se converte en machismo.
Ela está soa
Nun recuncho sen saída.
Ela quere estar viva
E que rematen os lazos da vida.
Unha pelexa que se converte en ferida
con esas bágoas caídas.
Unha pelexa que se converte en desprezo
Cando a muller non merece eso.
Ela está soa
Nun recuncho sen saída.
Ela quere estar viva
E que rematen os lazos da vida.
Fóra estereotipos machistas!
Igualdade social!
Mulleres libres!
Respecto total!
SEMPRE VIVAS!
SEMPRE VIVAS!
SEMPRE VIVAS!
SEMPRE VIVAS!
......
Letra escrita polo alumnado de 1ºESOB
Sara, Zaida, Lara (en representación d@s autor@s da letra) guiaron o ensaio.
Rematamos a sesión do club lembrando que mañá hai máis traballo por facer. Pierre Anthon, aínda que non sabemos o que vai pasar no libro, dicímosche que non entendemos a "túa filosofía" de NADA IMPORTA. Fíxate en nós.