Estes días continuamos as nosas andanzas percorrendo un camiño entre tod@s para lembrarlles ás persoas do mundo enteiro que: " É preciso e necesario que a PAZ reine no mundo. Acabar dunha vez con tantas guerras, inxustizas, odios... Porque tod@s merecemos vivir tranquil@s."
Como expert@s andantes que somos, sempre atopamos compañeir@s nas nosas andanzas que nos fan máis fácil o percorrido.
Aquí vos deixamos con alguhas mostras. ( Pronto compartiremos máis)
Así debuxa a PAZ a nosa compañeira, Carla Patricia ( 2ºPEIEST).
Karol Tatiana (2ºPEIEST) escribiu varios haikus que reflicten o seu sentimento sobre este día.
Aquí van algúns:
Gritos de nenos,
as bombas nas cidades.
Corpos sen alma.
...
Óense berros,
as lágrimas chorando:
Paz suplicada.
...
A pomba branca.
Armas que matan ao chan!
Sorriso ao sol!
Lucía ( 1ºESOA) escribiu un conto que compartimos con tod@s:
Como xa sabedes tod@s, o rei da sabana é o león, pero o tigre tamén quería selo.
O rei león e o tigre estaban a piques de comezar unha guerra para saber quen sería o vencedor, xa que así se convertería en rei. Os animais da sabana empezaron a discutir porque uns querían que o rei fose o león, e outros o tigre. Comezou unha guerra, que durou ata que un día pasou por alí unha bolboreta moi fermosa, que lles demostrou que a guerra non levaba a ningún sitio. Falou con todos e todas, e eles e elas pensaron nas súas palabras. A guerra parou, e a paz restableceuse na sabana.
Aquela pequena bolboreta seguiu viaxando polo mundo para acabar coas guerras e cos conflitos.
E aquí estamos o grupo de contacontos do club de lectura coa nosa actividade para o día 30 de xaneiro. Levamos ensaiando as historias que compartiremos ese día c@s nen@s do CEIP Albeiros , dende hai días. Non nos importan os ensaios os luns pola tarde, as dúas sesións do club que lle dedicamos... Non. Non nos importa nada. O único que queremos é que o noso público, tan importante para nós, pase uns momentos agradables coa nosa compañía e cos nosos contiños.
Teredes máis información.